Campaña de doazóns contra as multas polo desafiuzamento de Aurelia Rey

Fuente: Stop Desafiuzamentos A Coruña

Despois de seren rexeitado o recurso presentado polo contencioso administrativo contra a multa que lle impuxo a Delegación de Goberno, STOP Desafiuzamentos Coruña e Roberto Rivas, o bombeiro que se negou a colaborar no desafiuzamento de Aurelia Rey, decidimos iniciar unha campaña de doazóns para facer fronte a tódalas sancións administrativas derivadas dese día.

Para iso, abrimos unha conta de banca ética na que quen queira poda colaborar coa súa aportación. Este é o número: ES 81 1550 0001 2100 0067 9324

Xunto con Roberto, queremos agradecer tódalas mostras de solidariedade amosadas dende o primeiro día en apoio das persoas sancionadas. Esa é a nosa forza e a nosa lexitimidade!

CONTRA A SÚA INXUSTIZA, A NOSA SOLIDARIEDADE!!
NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!

Alegamos contra o rexeitamento do IGVS e denunciamos a súa compricidade na vulneración dos dereitos humanos

20140926_124856Fuente: Stop Desafiuzamentos A Coruña

domingo, 28 de septiembre de 2014

Na mañá deste venres acu-dimos xunto ca compañeira do barrio dos Mallos en risco de desafiuzamento a facer entrega dun recurso contra a denegación dunha vivenda social polo procedemento de emerxencia notificada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) fai unhas semanas, ao adoecer este rexeitamento administrativo de falta de motivación e ditarse prescin-dindo absolutamente do procedemento establecido.

Continúa leyendo Alegamos contra o rexeitamento do IGVS e denunciamos a súa compricidade na vulneración dos dereitos humanos

Xulgarán por “alteración da orde pública” ao bombeiro que se negou a intervir no desafiuzamento de Aurelia Rey

bomberoSTOP Desafiuzamentos A Coruña

Moitos son os xestos de solidariedade individual e colectiva cos que a sociedade civil facemos fronte día a día á crise social iniciada no ano 2008 polas entidades financieiras en connivencia co poder político ao servizo das elites económicas.

Na loita concreta contra os desafiuzamentos, de entre todas estas accións, sen dúbida deuse na nosa cidade unha das que contou con máis recoñecemento e repercusión, tanto a nivel galego e estatal, como a nivel internacional : a negativa dun bombeiro a cortar a cadea que bloqueaba o portal de Aurelia Rey  o 18 de febreiro do pasado ano 2013 na Coruña.

Continúa leyendo Xulgarán por “alteración da orde pública” ao bombeiro que se negou a intervir no desafiuzamento de Aurelia Rey

Nova asemblea de persoas afectadas polos desafiuzamentos

Fuente: Stop Desafiuzamentos A Coruña

5_asembleaXa levábamos tempo sen actualizar este blogue, pero no intervalo que pasou entre a anterior entrada e esta nova seguimos a traballar conxuntamente entre persoas afectadas e solidarias, buscando solucións ós casos particulares ó tempo que loitamos por mudar as condicións sociais de precariedade, falta de dereitos e medo.
Por isto, convocamos unha nova asemblea de persoas afectadas para o sábado 26 de abril ás 17h no Fórum Própolis (Rúa Barcelona 115).
Nin casas sen xente, nin xente sen casa!