Roteiro Agra do Orzán: A Agra labrega

Fuente: Marea Atlántica | Marea da Agra do Orzán

“30.000 persoas conviven hoxe no noso barrio, a Agra do Orzán. Hai tan só cincuenta anos, esta terra alta e venteada era un conxunto de campos de cultivo habitada por labregos, gandeiros e xentes do mar. Nel atopábase a fonte que daba de beber á cidade. Como vivían aquí esas familias? Cómo era o seu día a día? Que foi o que trouxo a tanta xente a poboar esta agra a partir dos anos 60?

No roteiro “Agra Labrega” descubriremos coa axuda de catro padriños e madriñas, expertos en Historia, Urbanismo, comerciantes e veciños do barrio; cómo era todo antes e despois da urbanización; e exploraremo-lo futuro da Agra do Orzán como comunidade, como barrio vivo dentro da Coruña.

Porque Coruña é máis que o Paseo Marítimo!”

Datos:

  • Duración: 90 minutos
  • Extensión: 1 km
  • Saída: Sábado 26 ás 11:00 na entrada do centro Ágora
  • Chegada: Rúa Gramela, 23
  • Participación libre e gratuíta, aberta a tódolos veciños e veciñas.

“O negreirismo é o mesmo que o vazquismo”

MareadaAgra_09_03Fuente: EntreNós

Begoña Romero e Xan Xove, portavoces da Marea da Agra

“Na Mariña dilapídanse millóns mentres aquí nas Conchiñas imos ter que papar máis coches nas rúas porque non quixeron inverter en soterrar o acceso ao aparcadoiro”

Non podía acontecer noutro sitio. A Agra, o barrio co tecido asociativo máis forte da Coruña, viu nacer a finais de agosto a primeira asemblea territorial da Marea Atlántica: a Marea da Agra. Un movemento cidadán que se está constituíndo no espazo de confluencia de diferentes formacións políticas e cidadanía en xeral para artellar unha candidatura que loite pola alcaldía nas municipais de maio. Cen días despois da súa presentación, dous portavoces da Marea da Agra fan un primeiro balanzo. Son Begoña Romero (Bilbao, 1955) e Xan Xove (Viveiro, 1977). Begoña foi unha das fundadoras da Asociación de Veciños da Agra alá polo ano 76; ex militante política e sindical, di que volve a area porque ve unha oportunidade de cambio social. Xan, traballador de Correos, regresou a Galiza despois de 14 anos fóra, ten experiencia en movementos ecoloxistas e veciñais e estivo activo durante o 15M en Menorca e Barcelona.

Eles representan a unha ducia de persoas —traballadoras, parados, amas de casa, estudantes, xubilados— que desenvolven unha diagnose do barrio en relación con outras asociacións para crear unha rede de colaboración e traballo en prol da veciñanza.

—Por que xorden estes movementos cidadáns? Por que ás mareas?

Continúa leyendo “O negreirismo é o mesmo que o vazquismo”