Nove tendas que so toparás na Agra

Fuente: EntreNós

O barrio da Agra, malia a crise, trata de recuperar o pulo comercial e social. O barrio máis populoso da Coruña e o maior continxente de inmigrante, ofrece recunchos xenuínos que seguen a labrar a súa identidade: como estas nove tendas que so encontrarás na Agra.

Santi, Ataxentas

Santi, Ataxentas

300 herbas

Santi empezou coa tenda no ano 1999. Durante algún tempo mesmo cultivou unha horta. Ataxentas especializouse na venda de produtos ecolóxicos. É unha herboristería, pero tamén unha froitería, que distribúe desde leite elaborada en Alemaña até suplementos dietéticos ou cosmética ecolóxica. Ten clientes de fóra do barrio e de fóra da comarca. Pódense comprar tés, galletas, ovos, xabóns e incluso libros. Hai 300 variedades de herbas no expositor e no almacén deste establecemento de referencia en Alcalde Lens, case facendo esquina coa rúa Barcelona. Santi ofrece experiencia, gusto polo que fai e consellos ou orientación. A clientela é fiel. O compromiso é rexo.

Ataxentas. Herboristería, horta, produción ecolóxica e orientación. R/ Alcalde Lens, 30. 981255654. ataxentas@gmail.com


Kiko, Kikomic

Cosplay e Lovecraft cómic

Kiko leva no barrio con Kikomic desde o 2006. Primeiro na rúa Cuba, ahora nun local máis amplo na Ronda de Outeiro. Está traballando para dar o salto a Internet. A maoiría da clientela é da Coruña. Vende cómics e figuriñas, pero tamén organiza competicións de xogos de mesa. No local hai partidas de MTG (Magic: the gathering), un xogo de cartas que representa unha disputa entre magos. En Kikomic están a que salta, sen esquecer mitos da cultura como o Cthultu de H. P. Lovecraft. Entre a moda máis recente: os cursos de cosplay, ou como traballar o disfrace un mesmo.

Kikomic. O que buscabas en cómics e merchandising. Ronda de Outeiro, 276. 981 268818. Facebook: Kikomic.


Lucía e Vero, Lucel

“Ás das medias” de toda a vida

Lucía e Vero atenden un clásico na Agra, un dos establecementos de roupa máis antigos. Abriuse en 1980. É un negocio familiar. E elas son familia e tratan aos clientes como familia. Parándose a conversar. Máis un negocio non resiste corenta anos se non hai algo máis que amabilidade. Elas, din, que a tenda foi coñecida durante anos por vender as mellores medias do barrio e da contorna. Eran coñecidas como ás das medias. No catálogo hai desde batas de casa e camisetas até refaixos ou calzóns largos. Teñen un público maior, que precisa o seu tempo, seus ritmos. A tenda é un baixo longo e de teitos altos, paredes cheas de estantes e roupa en caixas e caixiñas. Un lugar agradable para comprar sen présas.

Lucel. Téxtil, mercería, lencería e demais. R/ República Dominicana, 1. Tfno. 981279084


Peter, GrupoDJM

Un holandés conecta Coruña con Cuba

Hai uns 900 cubanos e cerca de 15.000 latinoamericanos vivindo na área da Coruña, sinala Peter, encargado do establecemento de envíos Grupo DJM. A da Coruña é unha das catro sedes da empresa en España. Empezou dando servizo á colonia cubana, pero está ampliando o negocio tamén aos nacionais de Venezuela, Perú, República Dominicana e Colombia, entre outros. Peter é holandés, viviu moitos anos en Cuba e a súa muller é de alá. Hai un ano que montou a tenda no Agra. Asegura que eles tramitan os envíos máis baratos que o correo ordinario por cuestións de aranceis. Mandan de todo, mesmo medicinas, e diñeiro.

Grupo DJM Envíos. Servizo de paquetería, envíos e recollidas en toda a Península. Ronda de Outeiro, 276; baixo interior. 604150086 – 611269587 – 881896794. http://www.paratodacuba.com


Mamá África

O único restaurante africano da cidade

Mamá África é moito máis que un restaurante, pero tamén é un bo restaurante. A única casa de comidas africanas da Coruña abriu as súas portas hai dous anos. Celebra banquetes, ofrece concertos e regala sabores do Sahel. Especialistas en arroces: Thiep Bou Diéne (arroz dourado como peixe e verdura), Mafé (arroz branco con carne e salsa de cacahuete). Conta Pape, un dos donos, que a clientela é tanto galega coma senegalesa. Nos fogóns, desde ben cedo esta mañá, traballan Anta e Saly. O restaurante é ademais o espazo de referencia de toda a ampla colonia senegalesa fundamentalmente asentada entre os Mallos, a Agra, Labañou e O Ventorrillo. Senegal está tinguindo de vida toda esta zona da cidade, e agora tamén de música e sabores.

Mamá  África. Comida senegalesa. Especialidades en arroz. R/ Pascual Veiga, 14. 981977178. Facebook: Mamá África


Tiby e Antonio, Magnificnails

Ensinando a coidar e decorar as uñas

Tiby e Antonio viñeron desde Venezuela hai uns anos. Levan un establecemento especializado nas mulleres, en coidados persoais e estética. A tenda oferta produtos de manicura e pedicura e máis cousas: teñen cursos personalizados sobre o tratamento con xeles (16 horas en 4 días)  ou o acrílico (12 horas en 3 días) e os propios de coidados de uñas a decoración con aerografía. Lámpadas, pinceis, tornos, esmaltes e bases para usar e comprar están a disposición dunha clientela que tamén chega de fóra do barrio.

Innovacións Nails. Venda de produtos para uñas e cursos de manicura e decoración de uñas. Ronda de Outeiro, 292. 981 264378. http://www.magnificnails.es


Solis1-min

Eficiencia nipona contra o frío

Vai para tres lustros que Ángel empezou no negocio da instalación e venda de equipos de calefacción. Agora decidiu abrir tenda na Agra para ter maior visibilidade. O escaparate de tons cálidos chama a atención nestes días de frío. Unha fontanaría que ofrece produtos de eficiencia enerxética. Un dos dispositivos máis novos son as bombas de calor. Caras, pero que prometen limpeza, aforro e amortización a curto prazo. Unha tecnoloxía de alto cun rendemento que multiplica por catro a dos dispositivos clásicos, di Ángel, por electricidade ou gas. As mellores máquinas veñen de Xapón, os reis da eficiencia. Ángel tamén traballa na reparación e mantemento de instalacións en toda a área da Coruña.

Fontanería Solís. Instalacións e reparacións. Especialistas en calefacción de bomba de aire. R/ Cuba, esquina Pascual Veiga. 630116423. fontaneriasolis@gmail.com


troitamar1-min

De caña e carrete todo o ano

Desde a Estación e ás Roseiras a tenda de referencia nas artes de pesca, para río e mar, está na Agra. Bruno ocúpase dun negocio de máis de vinte anos con Javier. Teñen clientes da Costa da Morte e tamén de Lugo. Venden pola rede a pescadores do País Vasco, de Valencia ou Teruel. No barrio, o pescador é de mar e río. O negocio rebule arredor de marzo. Hai desde culleriñas, cebo ou miñocas até fíos, cañas e carretes que mesmo chegan do Xapón, coma o produto estrela: un Saltiga que anda polos 700 euros. As vendas para a pesca mariña son menos estacionais.

Troita Mar. Especialistas en pesca deportiva. R/ Entrepeñas, 26. Facebook: Troitamar. troitamar@gmail.com


Loli, Merlin

Unha variña máxica en metade da Agra

A tenda ten os produtos estritamente divididos nos dous escaparates: a esquerda os obxectos de esoterismo e ciencias ocultas; a dereita as figuriñas e iconas cristiás. As crenzas conviven nunha frondosa harmonía. Hai velas e incenso, crucifixos e colgantes de bruxas, a superstición e a fe. Loli abriu o establecemento en 1999. E por suposto ten fieis. Da santería e o sincretismo. Xentes do barrio, emigrados de Cuba ou Brasil. Tamén dos outros, porque segundo conta, a xente precisa un referente, algo no máis alá. A fachada gastada de madeira verde e a pequena escaleira para acceder ao local completan o ar misterioso de Merlín, unha variña máxica chantada en metade da Ronda de Outeiro.

Merlín. Tenda de maxia, esoterismo, obxectos relixiosos. Ronda de Outeiro, 241. Facebook: MERLIN, Tu tienda mágica. http://merlintutiendamagica.blogspot.com.es/

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s