Inxusta e brutal expulsión espress dun xoven veciño de Compostela dende hai máis de 14 anos

FGI_logo

COMUNICADO DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Foro Galego de Inmigración quere facer público que mañá 26 de novembro, a Polícia Nacional de Santiago de Compostela pretende expulsar a un xoven veciño da nosa cidade de orixe paraguaio. Este rapaz de 19 anos, vive coa súa nai en Santiago de Compostela dende hai máis de 14 anos. Algúns deles baixo a tútela da propia Xunta de Galicia.

Unha vez perdida a súa condición de menor tutelado non conseguíu (como tantas outras persoas) unha oferta de traballo para poder regularizar a súa situación. Tivo un procedemento de expulsión que a Policia pretende convertido en Resolución firme e executar xa mesmo.

Detido dende o martes 22 (cremos que sobrepasa o tempo máximo de detención)  vai ser trasladado a Madrid con intención de envíalo nun avión dende Barajas, vía  Perú, con previsión de chegada a Asunción (Paraguai) na madrugada do sábado ao domingo ás 4 da mañá.

Non ten familia algunha alí. A súa familia, nai e irmán pequeno (naceu aquí en Compostela) residen aquí dende eses mesmos 14 anos. Coincide ademáis que a nai enferma e soa precisa coidados e atención.

Non entendemos o ensañamento que supón  facer efectiva a expulsión deste rapaz, que podía quedar co procedemento de expulsión aquí e coa posibilidade pola vía de arraigo social  de arranxar a súa situación legal en EspañaDada a urxencia da situación convocamos a cidadanía decente a que chame, mande correos, entre na web, no  facebook da Polícia pedindo que se frene esta brutal expulsión.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s