Crónica | Castañas, Traballo e Teito

Fuente: Marea Atlántica

Por Alejandro Gándara

IMG-20141121-WA0007

“Acabáronse as vendimas, e veñen as esfolladas, para comer coas mociñas, catro castañas asadas”.

Isto cantaruxo mentres vou pola ateigada Rúa Barcelona abaixo, camiño do magosto organizado pola Marea da Agra do Orzán. A cantiga semella apropiada para o momento: unha marabillosa noite de novembro –por moi raro que soe– na que, tras tres meses de vida e traballo, de vendima democrática, nos permitimos un descanso para comer unhas castañas e botar uns bailes acompañados da música das propias compañeiras da Marea.

Continúa leyendo Crónica | Castañas, Traballo e Teito

EntreNós nº 8

Entrenos_08_bajaVer pdf: Entrenos_08_baja

Campaña de doazóns contra as multas polo desafiuzamento de Aurelia Rey

Fuente: Stop Desafiuzamentos A Coruña

Despois de seren rexeitado o recurso presentado polo contencioso administrativo contra a multa que lle impuxo a Delegación de Goberno, STOP Desafiuzamentos Coruña e Roberto Rivas, o bombeiro que se negou a colaborar no desafiuzamento de Aurelia Rey, decidimos iniciar unha campaña de doazóns para facer fronte a tódalas sancións administrativas derivadas dese día.

Para iso, abrimos unha conta de banca ética na que quen queira poda colaborar coa súa aportación. Este é o número: ES 81 1550 0001 2100 0067 9324

Xunto con Roberto, queremos agradecer tódalas mostras de solidariedade amosadas dende o primeiro día en apoio das persoas sancionadas. Esa é a nosa forza e a nosa lexitimidade!

CONTRA A SÚA INXUSTIZA, A NOSA SOLIDARIEDADE!!
NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!