Adhesión de Mamadou Moustapha Beye, de La Paz, á campaña “S.O.S. dereitos das persoas migrantes en grave perigo!”

Para adherirte a la campaña

Adhesión de Anna Diop, de Domu África, á campaña “S.O.S. dereitos das persoas migrantes en grave perigo”

Para adherir a la campaña

A asociación veciñal de Agra do Orzán tamén decide abandonar a federación

Fuente: La Opinión A Coruña

“Non nos sentimos representados nin sentimos que sexamos do seu interese”, argumenta a xunta directiva do colectivo

La Opinión, A. R. | A Coruña 28.05.2014 | 01:40

A federación de asociacións veciñais presidida por Luisa Varela volve perder un dos seus membros, Agra do Orzán. A xunta directiva tomou onte a decisión ao “non sentirse representada”. Aínda que din que non é una situación de non retorno, anuncian que “hoxe por hoxe”, están fóra e así o comunicarán á federación. A crise faise máis fonda tras o abandono, no último mes, de Monte Alto, Novo Mesoiro e A Gaiteira-Os Castros, a baixa de As Xubias hai catro anos, e a ameaza de expulsión por impagos de Barrio das Flores, Oza-Urbanización Soto e Río do Canal, de Carral.

A directiva da asociación da Agra do Orzán explica que comezaron a considerar a súa marcha cando se convocou a asamblea do pasado 11 de abril, na que se escollería unha nova directiva. Enviaron como representante a un dos seus membros, aínda que, comentan, os candidatos “nin se puxeron en contacto” con eles. “Non os coñeciamos”, aseguran.

O colectivo quería aproveitar a asamblea para plantexar dous temas: animar á federación a incorporarse á plataforma contra as obras da Mariña e apoiar á plataforma en defensa do dereito ao aborto, das que forman parte. Sinalan que, previamente, intentaran pórse en contacto coa federación por estes motivos e que quedaron esperando unha resposta sen éxito.

Os veciños de Agra do Orzán relatan que, chegado o día a asamblea de abril, non lle deron ao seu membro “nin 15 segundos” de quenda de palabra, algo que “non é de recibo”, denuncian. “Houbo tres votacións”, relatan: unha a favor de incorporarse á plataforma en contra da Mariña, una que vetou a incorporación da Fronte Cívica á plataforma da sanidade pública, e unha terceira que aprobou que, de dar o sí á Fronte Cívica, a federación sairíase da mesma plataforma.

A entidade da Agra do Orzán cren que non se está a defender “o movemento asociacionista”. “Se mesmo ao longo da asamblea confundiron Fronte Cívica con Foro Cívico”, argumentan. “Non nos sentimos representados nin sentimos que sexamos do seu interese”, engade a asociación, que se chegou a poñer en contacto con outros colectivos porque lles gustaría “formar parte dunha federación”. “Se non é esta é outra”, din.

Continúa leyendo A asociación veciñal de Agra do Orzán tamén decide abandonar a federación

Adhesión do grupo municipal da Coruña de EU-OV (Laura del Río) á campaña “S.O.S. dereitos das persoas migrantes en grave perigo!”

Adhesión do grupo municipal da Coruña do BNG (Xosé Manuel Carril) á campaña “S.O.S. dereitos das persoas migrantes en grave perigo!”

Adhesión da Asociación Veciñal da Agra do Orzán AGRA, á campaña “S.O.S. dereitos das persoas migrantes en grave perigo!”

Por una solución europea al drama en las fronteras de Ceuta y Melilla: 4 medidas urgentes y realizables

Lo que viene sucediendo en Ceuta y Melilla, y por extensión, en la frontera sur de la Unión Europea, es una tragedia ante la que es preciso actuar de manera inmediata poniendo en marcha medidas ajustadas a la legislación nacional, europea e internacional que garanticen el respeto de los derechos humanos y el principio de no devolución. La instalación de concertinas, el uso de material antidisturbios y las devoluciones ilegales lejos de solucionar la situación están poniendo en peligro la vida de las personas que intentar llegar a Europa generando graves situaciones de indefensión y desprotección.

Esta situación puede y debe resolverse, de manera rápida, recurriendo a mecanismos ya existentes.

El punto central, radica en poner el foco en las personas que, en Marruecos, se encuentran en situación de emergencia humanitaria y garantizar el respeto de sus derechos y el acceso a una adecuada protección.

Continúa leyendo Por una solución europea al drama en las fronteras de Ceuta y Melilla: 4 medidas urgentes y realizables