Intolerable agresión policial a unha persoa de orixe nixeriano na cidade de A Coruña

Fuente: Agradiversidade

O Foro Galego de Inmigración, xunto coa Asociación Sen Papeis de A Coruña e outros colectivos desa cidade, ven denunciando dende hai varios meses o acoso ao que está a someter a Policía Local de A Coruña ao colectivo de persoas migrantes nixerianas residentes na cidade, particularmente aos vendedores ambulantes.

 Desgraciadamente esas actuacións continuadas derivaron onte venres día 7 de xuño nunha intolerable agresión policial a unha persoa de orixe nixeriano que desenvolvía esta actividade de venda no Polígono de A Grela, preto do Centro Comercial Marineda City. É a segunda agresión deste tipo, tras outra que denunciamos xa no pasado mes de maio.

Queremos facer denuncia pública desta Actuación intolerable, emprenderemos tamén, se é o caso, as acción xudiciais pertinentes, e esiximos tamén unha aclaración pública do Alcalde de A Coruña, responsable último destas actuacións violentas e racistas que ven desenvolvendo con este colectivo a policía local. Aclaración Pública que inclúa un compromiso explícito de poñer fin a estas agresións.

Na súa maioría este colectivo está composto por residentes, recoñecidos legalmente, que se atopan nunha situación de desemprego e que desenvolven esta actividade de venda ambulante, para conseguir uns recursos mínimos que lles permitan sobrevivir. Pois ben, a Policía Local da cidade ven impoñendo sancións (multas) de 100 Euros que xa contamos por decenas nos últimos meses , ao tempo que lles impiden realizar calquera actividade que lles permita facelas efectivas.

 A este acoso sumamos o maltrato policial que alomenos temos documentado en dous casos nos últimos meses.

Estamos diante dunha aplicación das leis que atenta contra os dereitos humanos e contra a leximitade de quen ordea a aplicación de tal normativa, polo que o Foro Galego de Inmigración, xunto coa Asociación Sen Papeis de A Coruña, esixen o cese do maltrato ás persoas migrantes, unha política activa contra a exclusión social e de defensa dos dereitos das persoas migrantes e, ao tempo, unha xestión intelixente da diversidade cultural por parte das autoridades locais.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s