As 20.000 Aurelias

Fuente: La Opinión A Coruña
Autor: Héctor Tejón, Sociólogo e membro da plataforma Stop Desahucios

Desde o 18 de febreiro, moi probabelmente, nada voltará ser o mesmo na contorna dos movementos sociais da Coruña, nin sequera na cidadanía que dende a afectividade e a empatía frenou o desafiuzamento da octoxenaria Aurelia Rey.

Neste caso, a tanática hipoteca (chamada mortgage na língoa shakesperiana, curiosa simetría semántica) que se cerne sobre máis dun 27% das familias galegas, foi sustituída por un alugueiro de “renda antiga” nunha das zonas máis céntricas da cidade. O conflicto veciñal, tamizado tanto dun acoso inmobiliario evidente así coma dun infravalor económico da citada propiedade segundo as imperiosas leis dun mercado inmobiliario especulativo, quedou acochado baixo o razonamento dun fatídico senso común burgués e falto de empatía: “Eu tamén quería vivir no centro por 120 euros”, que desplegaba nalgunhas mentes a lóxica de “tanto tes, así podes vivir”. Deu igual. O acontecemento fundamentado na afectividade abriuse paso non so parando unha saída abrupta dunha anciá, senón provocando a súa posterior reubicación nun emprazamento vivencial máis apto que o rocho que Aurelia Rey cos seus cartos, convertira en fogar durante mais de trinta anos.

En breves liñas, esta foi a intrahistoria do acaecido. Varios son os puntos que veñen á mente. Naqueles días, o alcalde da cidade, Carlos Negreira, dixo, calmadamente, aquilo de “hai máis Aurelias na cidade”. O porqué o Concello non facía unha aproximación real a situación de soidade, marxinalización e precariedade económica que experimenta a mal chamada terceira idade, era inapropiado preguntalo. O porqué de se tantas Aurelias había, coma é que 20.000 vivendas desocupadas non pasaban engrosar un parqué público de alugueiro básico, ou establecíase un imposto progresivo coma regulación (que aumentaría segundo a cantidade de tempo que a citada vivenda estivese desocupada) e distributivo coma fonte de ingresos (vía pago de impostos) paras maltreitas arcas públicas, invisibilizábase coma suxerencia indebida.

Asimesmo, o concelleiro de Servicios Sociais, Miguel Lorenzo, insistía en que unha persoa independente e autónoma tiña que ingresar na residencia Padre Rubinos, dando pé ao sinsentido dunha imposición institucional que chocaba coa despreocupación económica ante as axudas suprimidas a xentes dependentes.

Reparar unicamente dun xeito personalista en Aurelia é esquecer que cando un ben básico resultou ser o motor de crecemento económico dun Estado durante case que corenta anos e as condicións financieiras que facilitaban o acceso a este non se van voltar repetir baixo os parámetros que as fixeron posíbeis é infravalorar que a disidencia ante un falso “senso común” materialista emana como resposta. Centrarse unicamente no particular do caso é obviar que cando a lei que garante seguridade vóltase implacábel co máis débil, cando as sancións morais e institucionais ás conductas libertarias que so pretenden o dereito a unha vida digna non comercializada, son tendencia, e minusvalorar a pulsión popular de resistencia contra o ataque á existencia.

Nun senso do cercano, reparar personalistamente en Aurelia aviva a chama da inxustiza ante as 20.000 vivendas desocupadas que son a tumba onde xacen os anhelos por unha morada digna daqueles non propietarios desposuídos dun lugar de seu. Son a constatación de que todos somos Aurelia; silenciadas nas nosas queixas, invisibilizadas na nosa precarización e afastadas dunha liberdade que pasa de centro da nosa existencia a periferia da austeridade imposta.

Si hai mais Aurelias na Coruña; son fogares que gastan un 60% dos seus ingresos nunha vivenda, os que teñen ingresos, claro, os que nin iso teñen, directamente malviven. – noutro sinsentido máis, hai menos rendas que poden pasar sen apuros un mes, que pisos baleiros dispoñíbeis. Realmente, todos deberíamos ter o dereito á vivenda totalmente garantido. Por iso, todos somos as 20.000 Aurelias necesarias para ocupar eses pisos.

Ela foi un caso concreto, particular, detrás dese nome sentíronse representadas unha multitude de sensibilidades, a elas se lles atacou coma estorbos a invisibilizar, coma pesada carga económica a rentabilizar e coma molesto elemento a afastar. Ela somos todos e todos proxectamos na súa victoria a lícita e lexítima esixencia do dereito a unha vivenda digna, que unha lei realmente equitativa acredite coma necesidade básica fundamental a protexer da especulación económica e a garantir coma ben común por enriba dun lucro privado.

Non temos medo á saída da caverna capitalista, todas estamos excluídas e temerosas. Velaí porqué un éxito tan pequeno é o comezo da esixencia a unha vida non mercantilizada mais alá da idade, o sexo e a procedencia.

Se para vivir hai que estar hipotecado, mellor queimar os cartos.

“Podrán cortar todas las flores, pero nunca terminarán con la primavera”.
E. Guevara

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s