Nueva Directiva en la Asociación Vecinal AGRA

Ricardo Seixo, presidente da A.V. Agra
Ricardo Seixo, presidente da A.V. Agra

Ricardo Seixo, en entrevista concedida al digital EntreNós, tras su reciente reelección como presidente de la Asociación Veciñal Agra, incide en la nueva situación creada respecto a los terrenos del Observatorio tras la sentencia del Tribunal Supremo.

Seixo urge al gobierno municipal a actuar para dotar al barrio de este espacio verde que se viene reclamando desde hace décadas. “É necesario tirar para diante co parque do Observatorio, e se o Concello o fai, contará co apoio da veciñanza”, comenta. Dice que si no se puede conseguir “el ideal de esos 14.000 metros cuadrados, hay que mirar en cuánto reduce el espacio disponible para parque la sentencia sobre las Adoratrices”, y urge al Ayuntamiento: “Tienen que empezar a hablar ya con los propietarios y con las administraciones afectadas, negociar y tirar para delante, porque entre otras cuestiones de aquí la unos años puede cambiar el gobierno y veríamos otra vez frustrado el parque”.

Nove tendas que so toparás na Agra

Fuente: EntreNós

O barrio da Agra, malia a crise, trata de recuperar o pulo comercial e social. O barrio máis populoso da Coruña e o maior continxente de inmigrante, ofrece recunchos xenuínos que seguen a labrar a súa identidade: como estas nove tendas que so encontrarás na Agra.

Continúa leyendo Nove tendas que so toparás na Agra

Os CIEs, centros de sufrimento, charla co loquio co xuíz Ramiro García de Dios

cartel_ramiro

Inxusta e brutal expulsión espress dun xoven veciño de Compostela dende hai máis de 14 anos

FGI_logo

COMUNICADO DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Foro Galego de Inmigración quere facer público que mañá 26 de novembro, a Polícia Nacional de Santiago de Compostela pretende expulsar a un xoven veciño da nosa cidade de orixe paraguaio. Este rapaz de 19 anos, vive coa súa nai en Santiago de Compostela dende hai máis de 14 anos. Algúns deles baixo a tútela da propia Xunta de Galicia.

Continúa leyendo Inxusta e brutal expulsión espress dun xoven veciño de Compostela dende hai máis de 14 anos

“72 horas de Senegal na Coruña”

cartelseptiembre

ENCONTRO /ASEMBLEA 2016 DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN (Ferrol , sábado 11 de xuño)

cartaz_asemblea_2016ACTO FINAL DA CAMPAÑA:CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT A AIR EUROPA E A GLOBALIA.
 
ENCONTRO /ASEMBLEA 2016 DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN (FERROL , SÁBADO 11 DE XUÑO)         
 
O Foro Galego de Inmigración, contando co apoio do  Concello de Ferrol,  desenvolve este sabado día 11 de Xuño o seu ENCONTRO/ASEMBLEA  ANUAL EN FERROL nos locais do Ateneo cunha ampla participación de representantes das asociacións , entidades e persoas de toda Galiza que conformamos o Foro Galego de Inmigración. .  Nese Encontro terá lugar en primeiro lugar:
Ás 11: 30 h. o Acto Público Final da Campaña, que vimos desenvolvendo con diferentes actividades por toda Galicia dende o mes de Febreiro, CONTRA AS DEPORTACIÓNS, BOICOT A AIR EUROPA E A GLOBALIA., que contará con destacados representantes de diferentes institucións , entidades,  partidos políticos, sindicatos, e asociacións, máis de medio centenar que apoíaron formalmente esta Campaña. Entre os que salientamos, Estrela Gómez (AGAMME) Iria Fandiño (Secretariado Xitano), Leticia Castro (Colexio Oficial de Educadores Socias de Galicia ), Alberto Vizoso (CUT), Karlotti, Beatriz Dorrio, Pedro Ferrandiz (representantes do mundo da cultura e da educación), Xabier Ron (Deputado de AGE), Beatriz Sestayo e o propio alcalde Jorge Suárez.
Promovemos  esta Campaña  a nivel estatal xunto coa Campaña polo Peche dos Cies: CIEs NON co  obxectivo de facer visible o drama cotián que sufren as persoas migrantes, veciños e veciñas nosos en situación de irregularidade administrativa, que son detidos nas nosas vilas e cidades, poden ser internados en CIES (Centros de Internamento de Estranxeiros) e que son deportados de forma forzosa e moitas veces violenta , case 10.000 o ano pasado, coa colaboración e o correspondente beneficio económico (12 millóns de Euros no último Concurso ) do grupo empresarial GLOBALIA, que inclue a AIR EUROPA ou HALCÓN VIAXES entre varias outras empresas e marcas moi coñecidas. No Concurso Público Estatal que remata de resolverse  para os anos 2016 e 2017, este grupo empresarial obtivo de novo a Concesión, pese a presentar una oferta económica máis elevada.  As entidades que apoíaron  formalmente a Campaña son, entre outras:  S.O.S Racismo Galicia, ONG Viraventos, Ecos do Sur , Mundo sin guerras y sin violencia , Esquerda Unida, Próxecto Cárcere, Patronato Concepción Arenal Alternativa Galega de Esquerda, PsdG/PSOE,Candidatura de Unidade Popular de Chantada, Oficina de Dereitos Socias de Vigo, GAS (Grupo de Axitación Social), Plataforma polo Emprego,Centro Traballo e Cultura de Cáritas de Santiago, CUT, CIG, e Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia. Ademáis contamos coa sinatura formal de máis dun cento de persoas de moi diferentes ámbitos.
Despois, continuaremos cun  Acto Público Reivíndicativo ás 13:00 na zona dos  Cantóns, no que logo dunha Manifestación polas rúas máis centricas da cidade, para facer visible a realidade da inmigración entre a cidadanía,  o Acto contará con actuacións musicais e perfomance teatral e rematará coa Lectura dun Manifesto. Convocamos ao conxunto da cidadanía ferrolán  a este Acto para amosar a solidariedade con este colectivo de persoas, conveciñas nosas,  que teñen os seus dereitos gravemente recurtados e que mesmo son   perseguidas nas nosas vilas e cidades.

Continúa leyendo ENCONTRO /ASEMBLEA 2016 DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN (Ferrol , sábado 11 de xuño)

Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras.

Manifestación sábado 23 de abril ás 13h dende a Praza Roxa de Santiago de Compostela.

Convoca: Rede galega en apoio ás persoas refuxiadas

13007246_1693299417604181_8481566142695614604_n